Visitas educativas | Arquitectura do Gaiás

Familiarizar á comunidade educativa co apaixonante mundo da arquitectura é o obxectivo  principal destas visitas educativas. Descifraremos o código destes maxestosos edificios a través dun percorrido exclusivo ideado para profundar no proxecto construtivo de Peter Eisenman.

Deste xeito, inclúe a visitada comentada as maquetas de todos os proxectos que se presentaron en 1999 ao Concurso Internacional de Arquictura para realizar a Cidade da Cultura de Galicia no Monte Gaiás en Santiago de Compostela.

A este concurso de ideas presentáronse inicialmente doce propostas de destacados equipos de arquitectura nacionais e internacionais, que finalmente quedaron en once logo da retirada do proxecto de Santiago Calatrava. Os arquitectos que achegaron as súas ideas para definir o complexo arquitectónico e os usos foron Ricardo Bofill, Peter Eisenman, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon e Mike Guyer, Steve Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Dominique Perrault e César Portela.

De entre todo os proxectos de ideas, elixiuse finalmente como proxecto de obra o deseñado por Eisenman Architects atendendo, segundo o fallo do Concurso, á súa singularidade tanto conceptual como plástica, e á súa excepcional sintonía co lugar.

 

Os demais proxectos que poderán verse na exposición de maquetas:

 

A visita tamén inclúe o Xardín Literario coas súas espectaculares vistas sobre a cidade de Santiago, o edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia e as Torres Hejduk.

 
Aula Gaiás