V Curso Superior de Sumiller Profesional

O Instituto Galego do Viño organiza este ano a quinta edición do seu Curso Superior de Sumiller Profesional. O curso desenvólvese entre o 25 de setembro de 2017 e o 21 de maio de 2018. As clases teñen lugar todos os luns, en sesións de 10 horas e en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00, no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia.

O Curso Superior de Sumiller Profesional ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller no sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico. O seu programa lectivo inclúe a participación dos docentes máis prestixiosos (Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.) e constitúese como referencia da formación vitivinícola en España.

Este programa de especialización profesional aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de mercadotecnia aplicadas ao viño.

Así mesmo, a través dun programa eminentemente práctico profunda nos coñecementos necesarios para que o alumnado asuma novos retos, tales como: a difusión da cultura do viño, o desenvolvemento do enoturismo como alicerce da nova economía rural, a procura de novos mercados nacionais e internacionais, ou a orientación á calidade e á innovación nos sectores vitivinícola e hostaleiro.

 
 
16 de Marzo - 14 de Outubro de 2018
De 10 a 20 horas
21 de Abril
De 16 a 20 horas
21 de Abril
17.30 horas
23 de Abril
De 9 a 21 horas
28 de Abril
18 horas
30 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas
5 de Maio de 2018
De 12 a 20 horas
Do 27 de Xaneiro ao 16 de Xuño de 2018
De 12 a 14 horas
Do 27 de Xaneiro ao 16 de Xuño de 2018
De 12 a 14 horas