Triángulo de Amor Bizarro + Nano Vinilo

Música persoal, visceral e valente para pechar o Atardecer no Gaiás 2017.

Estas tres son as características do que fan Triángulo de amor bizarro, a banda galega que alcanzou o éxito cunha base de guitarras distorsionadas ao límite, ritmos frenéticos e letras crípticas.

A gran peche dos solpores musicados de Atardecer no Gaiás deste ano completarase cunha pinchada de Nano Vinilo.

Para gozar desta fin de festa contarase cun servizo de buses especial, polo que poderase alongar a noite no Gaiás neste derradeiro solpor musicado de 2017: baixadas da Cidade da Cultura ata a Praza de Galicia ás 23.45 horas, 00.00 horas e á 1 da madrugada.

 
Música & Escena