A Cidade da Cultura de Galicia pon en macha este programa que persegue proporcionarlles formación de calidade aos emprendedores culturais interesados en deseñar e xestionar proxectos empresariais creativos e viables.
O 4 de decembro terá lugar a xornada de clausura que leva por título Emprender non necesariamente é crear unha S.L: novos modelos de traballo para a innovación social, que estará a cargo de Javier de la Cueva, avogado experto en propiedade intelectual. Xa está aberta a inscrición de balde.
Tan importante como saber poñer en marcha unha empresa é coñecer as múltiples posibilidades que se abren tras tomar a decisión de emprender. Da man de Javier de la Cueva, avogado experto en propiedade intelectual, os participantes coñecerán outras formas de entender a posta en marcha de proxectos, nun sistema socioeconómico cambiante e onde as formas tradicionais de empresa poden xa non ter sentido. Outros valores, outras formas de entender o emprendemento tendo en conta elementos tales como licenzas e contidos libres.
Javier de la Cueva. Licenciado en Dereito e máster en estudos avanzados en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa como avogado, experto en propiedade intelectual. Nas súas mans estivo a defensa, entre outros casos, de Ladinamo (primeira sentenza que recoñeceu o Copyleft), de Sharemula (que confirmou que as webs de enlaces e arquivos en redes p2p non cometen delitos) e de casas de redes de p2p.
547.97 KB |