Shirley Davis & the Silverbacks

Composta por membros de Australia e tamén España, esta formación upoñen todo un sopro de aire fresco no soul e o funky.

Veñen presentar ao Atardecer no Gaiás 2018 o seu segundo longo, Wishes & Wants, un disco cheo de enerxía e mensaxe co que van demostrar na Praza Central do Gaiás que estes dous xéneros están máis vivos ca nunca. 

Ao final do concerto, hai sesión DJ con NingúnDJ. Quédate ata o final quo o último autubús de baixada do Gaiás ao centro da cidade é ás 00.30 horas.