Reunión Consello Executivo do Clúster de Turismo de Galicia

O 14 de xuño o Cluster Turismo de Galicia celebra a reunión do seu Consello Executivo. O encontro terá lugar no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia. 

O Clúster Turismo de Galicia é unha agrupación de empresas vinculadas por unha mesma cadea de valor e que desenvolven as súas actividades nun espazo xeográfico concreto, Galicia, ao redor do sector turístico, ben como actividade principal ou complementaria.

O seu obxectivo é constituírse como a Voz do Turismo, vertebrando unha oferta tan rica e diversa como a galega e promovendo actividades de colaboración que permitan mellorar a competitividade, a innovación e a internacionalización deste sector. O obxectivo final non é outro que o de potenciar a marca Galicia como destino turístico forte, diferenciado e situalo a escala global.