Premios da Cultura Galega 2017

Xohana Torres, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía Senlle, Oliver Laxe, o proxecto Apego, a Fundación Rosalía de Castro e Cristina Pato son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2017, nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultura e Proxección Exterior, respectivamente.

Os Premios da Cultura Galega destacan o labor a prol das letras, das artes plásticas e das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio e da proxección cultura no exterior.

A Xunta de Galicia convoca cada ano estes galardóns cos que poñer en valor a excelencia creativa e o labor de difusión cultural desenvolvido, con esforzo e talento, por persoas e institucións, tanto en Galicia como desde o exterior.

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada