Peche do Programa 'Videoxogos e Emprendemento'

Acto de clausura do programa 'Videoxogos e Emprendemento', desenvolvido desde o 16 de abril ata o 25 de maio no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, e no que unha vintena de mozos e mozas menores de 30 anos á procura de ampliar e mellorar as súas competencias profesionais puideron formarse na Cidade da Cultura en desenvolvemento de videoxogos e creatividade dixital.

Videoxogos e Emprendemento é unha iniciativa formativa da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, e cofinanciada pola Fundación Cidade da Cultura e a Fundación Incyde a través do Fondo Social Europeo. O curso, enmarcado no Programa Operativo de Emprego Xuvenil, desenvolveuse todas as semanas no Centro de Emprendemento do Gaiás e incluíu ademais titorización e formación individuallizada para os participantes.

No acto de clausura participarán o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitario, Jesús Oitaven Barcala, o secretario xeneral da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Fernando Barros Fornos e o director de proxectos da Fundación INCYDE, Juan Vila-Coro Laviña.