Papaya

De brillante promesa a grupo emerxente do ano. Papaya, banda liderada pola canaria Yanara Espinosa, chega ao Gaiás para ofrecernos o seu punk indie a través dos temas do seu primeiro disco: No me quiero enamorar.

Os temas, ademais de ter como claro referente o pop dos 80', en especial o latinoamericano, a new wave, a música beat dos 60', os ritmos exóticos e os arranxos orquestrais de guateque, destacan fundamentalmente por se elegantes e sensuais, xogando constantemente á seducción e nos que cada canción é un encontro, nun bar, nunha cea, nunha festa, na rúa...