Paisaxe e Patrimonio

O Arquivo de Galicia pon en valor a paisaxe e o territorio entendidos como un patrimonio cultural a través da mostra Paisaxe e patrimonio: unha visión do territorio a través do Arquivo de Galicia, formada por cen documentos que ofrecen un relato ao redor das diversas paisaxes -Natural, Humanizada e Protexida- na nosa comunidade.

A exposición pretende difundir o interese dos documentos que custodia o Arquivo de Galicia, como fonte de información para os estudos sobre a evolución da paisaxe, e pon o acento en que a paisaxe é, como os propios arquivos, un patrimonio a preservar. Posto que, ao igual que a paisaxe contribúe a formación das culturas locais, os arquivos contribúen a salvagarda da memoria individual e colectiva.

O Arquivo de Galicia, cabeceira do sistema autonómico, custodia un gran número de documentos que reflicten as actuacións levadas a cabo sobre o territorio ao longo do tempo. Nesta exposición amósase unha escolma de preto de 100 documentos, tanto de tipo textual como cartográfico e fotográfico, para o goce e reflexión sobre a paisaxe de Galicia de todos os visitantes. Para esta mostra seleccionáronse pezas documentais de distintos fondos que se custodian neste Arquivo: a propia Administración autonómica, fondos da Casa de Banca e Comercio Bengoechea, da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e da empresa Fotografía Aérea y Terrestre S.L.

 
Exposicións
 
16 Mar - 20 Ago 2017
De 10 a 20
A liña Hejduk
7 Abr - 5 Nov 2017
De 10 a 20
Da árbore á cadeira
8 Abr - 18 Set 2017
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ - 17 Set 2017
De 10 a 20
Flor Novoneyra
9 Xuñ - 17 Set 2017
De 8 a 20
Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro
31 Ago - 26 Nov 2016
De 8 a 20
A través dun horizonte sen corpo