Nexos Infantil de 2018: A renovación da música portugesa

Sesión de NEXOS INFANTIL dedicada ao ouvido, á voz e ao ritmo.

Situaremos Portugal no mapa, falaremos da súa cultura, do parentesco lingüístico co galego e poremos en común as nosas experiencias e coñecementos relacionadas co país veciño e realizaremos un mural no que plasmaremos toda a información compilada.

Guiadas por vídeos e cancións, as crianzas asistentes a esta sesión realizarán unha viaxe pola música portuguesa, para coñecer o fado (dende o máis tradicional ao máis moderno), a nova canção portuguesa, Madredeus  e mesmo a bandas de actualidade como The Gift ou Deolinda.

Para rematar, aprenderemos algunhas cancións infantís tradicionais portuguesas, como Todos os Patinhos sabem bem nadar.

 
En familia
 
22 XUÑ - 21 SET
Todos os venres do 29 de xuño ao 17 de agosto
Dese as 19h ata as 12h do día seguinte
Todos os xoves do verán | Do 5 de xullo ao 13 de setembro
19h | 22.30h
11 Xullo
De 12 a 13.30 horas
25 Agosto
De 16 a 20 horas