Nadal no Gaiás | Galicia Magic Fest

Que mellor alfi­nete de ouro a un Nadal no Gaiás máxico que contar nestas festas coa Galicia Magic Fest, de Pedro Volta, unha gran gala con magos chegados de todos os recunchos do mundo, entre os que se atopará un gran premio mundial como é Norbert Ferré.

A IV gala está dirixida polo ilusionista galego Pedro Volta ( participante do Got Talent España) promotor do proxecto desde a primeira edición e nela o público poderá ver a algúns dos mellores ilusionistas do mundo.

Un espectáculo trepidante para toda a familia, de hora e media de duración, no que se poderán ver diferentes especialidades e formatos da arte da maxia que vos van deixar pampos!

Os artistas convidados son:

  • MAG MARÍN, Campión da primeira edición do programa Pura maxia de TVE.
  • O dúo LAZERWIZARDS desde Rusia e Francia cun espectacular número con raios láser.
  • SHEZAN desde Italia cun número único no mundo que deixou abraiados a magos de todo o mundo no último mundial de maxia en korea 2018.
  • DANI POLO (Galicia), finalista de Pura Maxia de TVE e que percorreu co seu número prestixiosos festivais internacionais. Como broche de ouro estará un Gran Premio Mundial de Maxia GRAN PRIX WORLD CHAMPIONFISM 2003
  • NORBERT FERRÉ desde Francia; pura poesía e arte máxica cun talento extraordinario que o fixo viaxar por todo o mundo cos seus números. 



Non o podes perder! Goza en familia dun nadal cheo de maxia e ilusión!