Mulleres Sobranceiras: María Moreira

O Arquivo de Galicia pon en valor o labor pioneiro da deseñadora galega María Moreira a través da exposición ‘Mulleres sobranceiras’, iniciativa coa que a Xunta de Galicia pretende contribuír a darlle visibilidade ao traballo e ao papel desenvolvido polas mulleres en diversos ámbitos, ao tempo que se difunde a importancia dos arquivos como institucións garantes de dereitos e da memoria da sociedade.

A mostra confórmana un total de 55 pezas –entre as que se inclúen fotografías, contratos, correspondencia e bocexos das súas creacións–, que ilustran a destacada contribución de Moreira ao impulso do sector téxtil galego, ao tempo que se achegan ao seu proceso de creación e á conexión do mundo da moda coa sociedade. Todas as pezas proceden do arquivo profesional de María Moreira, que a deseñadora lle doou recentemente ao Arquivo de Galicia.

 
Exposicións
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas