Metodoloxía de traballo, procedementos e prácticas da identificación e avaliación documental

A Dirección Xeral de Políticas Culturais, a través da Subdirección Xeral de Arquivos, convoca o curso de formación de arquivos "Metodoloxía de traballo, procedementos e prácticas daidentificación e avaliación documental" que se impartirá os días 28 e 29 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na sala 1 do edificio da Biblioteca e do Arquivo de Galicia.
 
O curso será impartido por expertos que participan nos consellos de avaliación documental das súas respectivas administracións, en concreto, da Comunidade de Madrid e do Concello de Oviedo.
 
  • Javier Díez Llamazares, subdirector xeral de Arquivos de la Comunidade de Madrid.
  • Beatriz Franco Espiño, responsable da Unidade Técnica de Planificación e Programación Arquivística da Comunidade de Madrid.
  • Ana María Herrero Montero, xefa de Sección de Arquivo e Documentación no Concello de Oviedo.
O obxectivo é analizar os procesos de identificación e avaliación documental que se están a levar a cabo nas distintas administracións públicas, así como o réxime de acceso, procedementos de traballo das partes implicadas nestas tarefas e normativa aplicable, empregando como marco de referencia unha administración autonómica, outra local e a estatal.
 
O curso está dirixido a profesionais de arquivos que traballan na Comunidade Autónoma de Galicia.