Máster en Táctica e Dirección de Equipos de Fútbol

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o Máster Profesional en Táctica e Dirección de Equipos de Fútbol, que imparte a Universidad Europea Miguel de Cervantes.

O obxectivo do máster é formar profesionais deste deporte no coñecemento do xogo en todas as súas facetas; capacitar a todos os alumnos no desempeño das funcións de entrenador de fútbol; e ofrecer unha formación permanente e especializada, aportando os coñecementos adecuados e actuais para as principais áreas de acción dun profesional técnico en fútbol.

Está dirixido a todas aquelas persoas que desexen orientar a súa carreira profesional cara a figura de entrenador ou entrenador asistente en equipos ou canteiras de fútbol profesional. No proceso formativo implicarase a entrenadores con ampla experiencia, directores deportivos, preparadores físicos de contrastada experiencia, metodólogos, docentes e profesionais do fútbol de recoñecido prestixio.

Ao rematar o máster, o alunmado poderá obter unha das seguintes titulacións, en función da formación previa que posúa:

  • Especialista en Táctica e Dirección de Equipos de Fútbol
  • Máster en Táctica e Dirección de Equipos de Fútbol

Ambos están recoñecidos como títulos propios da Universidad Europea Miguel de Cervantes.

Máis información en: http://master.futbol-tactico.com

 
 
16 de Marzo - 14 de Outubro de 2018
De 10 a 20 horas
23 de Abril
De 9 a 21 horas
28 de Abril
18 horas
30 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas
5 de Maio de 2018
De 12 a 20 horas
8 e 9 de Maio
De 10 a 14h
Do 27 de Xaneiro ao 16 de Xuño de 2018
De 12 a 14 horas
Do 27 de Xaneiro ao 16 de Xuño de 2018
De 12 a 14 horas