Marc Jonson & Friends

O cantautor de culto norteamericano Marc Jonson aterra por primeira vez en Galicia na compañía dun dos seus principais seguidores: o inquedo músico e cantante Víctor Ramírez. Jonson publicou o seu primeiro disco, Years, en 1972, con Vanguard Records, o prestixioso selo de Joan Báez. Autor de cancións de múltiples artistas como Robert Gordon ou Paul Butterfield, Jonson fíxose co galardón ao mellor cantautor novel nos premios New York Music/BMI e compuxo e interpretou temas para bandas sonoras de Disney como Buscando a Nemo, Cars ou Ratatuille.

Víctor Ramírez, pola súa banda, vén de grabar xunto a Marc Jonson dous singles que serán o adianto do seu novo traballo: Suddenly Sunshine. Ramírez (Valencia, 1991), tivo claro desde moi pequeno que o seu era a música. O seu primeiro disco en solitario publicouse no 2015 baixo o título Book of Youth (Demian Records), un traballo moi directo e persoal no que o músico explora as súas obsesións. Agora, ademais de estar centrado no seu seguinte LP, está embarcado nunha xira con Marc Jonson, que leva por primeira vez ao directo o disco Years do cantautor norteamericano, coincidindo coa súa reedición.

Xunto a eles estará no escenario Skylar Gudasz, unha nova promesa chegada de Carolina do Norte, que interpretará no Gaiás algúns temas do seu primeir disco: Oleander.

 
Música & Escena
 
 
00:00