Libros sobre reloxos

A Biblioteca de Galicia ofrécelle ao gran público unha das mellores coleccións de libros sobre reloxos do mundo: a legada por José Luis Basanta (Fonsagrada, 1924), extraordinario e dedicado bibliófilo, prestixioso investigador nos eidos da química e do papel.

Formada por máis de 450 volúmenes, inclúe manuscritos únicos, impresos desde o século XVI ata a actualidade e unha gran cantidade de obras de apoio, desde revistas ata bibliografías, catálogos, publicacións de libraría anticuaria e obras sobre temas afíns, como os instrumentos mecánicos e a medición do tempo.

A exposición recolle unha mostra representativa desta colección, na que se pretende resumir tanto o empeño bibliográfico do bibliófilo entusiasta coma o esforzo e o traballo do incansable investigador.

 
Exposicións
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
11 de Out - 10 de Dec 2017
18.30 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas