Letras Galegas 2018 | Eu conto

Queremos festexar o Día das Letras Galegas 2018, dedicado a María Vitoria Moreno, cunha actividade onde vos sintades tamén parte do festexo e da celebración. Por iso, facémosvos un convite a todas as persoas que ese día festivo esteades a visitar a Cidade da Cultura para que sexades protagonistas, xunto á homenaxeada, compartindo con nós a lectura dunha escolma de contos e narracións da escritora.

A escolma de textos de María Victoria Moreno para ler no Gaiás o Día das Letras Galegas realízaa Sara Alonso Pimentel, profesora de Lingua e Literatura no Instituto Castelao de Vigo e amiga persoal da homenaxeada.

Trátase dunha actividade participativa que se desenvolverá en diferentes espazos da Cidade da Cultura de Galicia e na que realizaremos diferentes emisións de vídeos en directo nas redes sociais para que a obra de María Vitoria Moreno chegue a todas as partes do mundo.

Ademais, unha vez rematada a actividade, editarase un vídeo no que poderemos ver e escoitar todas as intervencións e que quedará para o recordo desta conmemoración na páxina web da Cidade da Cultura.

A actividade terá como epicentro o Museo Centro Gaiás e as lecturas levaranse a cabo de 11 a 14 e de 16 a 20 h.

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada