IV Premios e III Foro Galicia Alimentación

O Cluster Alimentario de Galicia celebra o 14 de xuño o III Foro Galicia Alimentación, co obxectivo de analizar as estratexias e desafíos de futuro do sector galego alimentario e das bebidas no horizonte 2020 en particular a innovación, os mercados e as novas tendencias de consumo.

Por outra banda, na mesma cita terá lugar o acto de entrega dos IV Premios Galicia Alimentación co obxectivo de contribuír a promocionar os produtos alimentarios e as bebidas, os proxectos e as empresas e institucións relacionadas, mellorar a súa imaxe e posición de maneira que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector, como da sociedade galega en xeral. Serán galardoadas as empresas Cafés Candelas, Quescrem e Conservas Portomar, pola súa "transferencia de coñecemento", a súa "aposta pola innovación e a investigación" e a súa "proxección internacional".

Están convocados directivos de todo o sector empresarial agrícola, gandeiro, pesqueiro e da industria alimentaria, así como os representantes de investigación e innovación das universidades e centros tecnolóxicos galegos xunto con asociacións sectoriais e outras entidades relacionadas co sector.

O acto terá lugar o dia 14 de xuño de 2018 no auditorio do Edificio CINC na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

 
 
30 ABR - 2 SET
De 10 a 20 horas
De martes a sábado
11 horas
visitas Comentadas 2017
22 XUÑ - 21 SET
Todos os xoves do verán | Do 5 de xullo ao 13 de setembro
19h | 22.30h
26 - 30 de agosto de 2018
#EAN8: VIII Encontro de Artistas Novos 'Cidade da Cultura'
30 AGO - 25 NOV
De 10 a 20 horas
Todos os sábados do verán (excepto 28 de xullo e 25 de agosto)
21 de setembro
21 horas