Irmandades da Fala: falar e escribir en galego

Neste  2016 cúmprense 100 anos da fundación da primeira Irmandade da Fala na Coruña. Para conmemorar tal acontecemento, a Biblioteca de Galicia organiza unha mostra bibliográfica que fai un percorrido pola historia desta institución, que tiña como fundamental obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua galega.

Todas as pezas da exposición forman parte da colección da Biblioteca de Galicia, destacando os manuscritos, debuxos e fotografías que pertenceran a Camilo Díaz Baliño, membro destacado das Irmandades, e que se conservan no fondo depositado na nosa biblioteca polo seu fillo Isaac Díaz Pardo.

 
Exposicións
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
11 de Out - 10 de Dec 2017
18.30 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas