inquEDU: Falemos de educación

“inquEDU. Falemos de educación” pretende ser un evento para compartir inquedanzas, divulgar ideas e fomentar o debate e a reflexión sobre a nova educación. Trátase dun espazo aberto dirixido a educadoras e educadores, pero tamén ás nais e aos pais.

Nesta primeira edición, a mañá adicaráselles aos máis novos. Os asistentes poderán gozar de dúas charlas realizadas por persoeiros relevantes que participan no proxecto Edumotiva. Ademais, tamén subirán ao escenario os gañadores e gañadoras do concurso ComunicaTedu (certame sobre oratoria nas aulas) para compartir a súa experiencia e o seu discurso.

Pola tarde, escoitaranse charlas curtas e dinámicas que amosarán novos enfoques, ideas frescas e iniciativas innovadoras para educar tanto na escola como na casa.

 

PROGRAMA DA MAÑÁ (PECHADO)

 


PROGRAMA DA TARDE (ABERTO AO PÚBLICO)

 

A asistencia ó evento da tarde é libre e gratuita. No entanto, o aforo estará limitado, polo que o prazo de inscricións remata o martes 28 de Novembro ás doce da noite.

A inscrición realizase exclusivamente a través do formulario que podedes atopar nesta páxina web: http://inquedu.galiciasustentable.org

 
Aula Gaiás