Holi Gaiás

Dálle a benvida á primavera na Holi Gaiás, unha actividade saudable e lúdica na que participar en familia.

Nun percorrido de 5 quilómetros pola Cidade da Cultura, a Holi Gaiás permitirá descubrir e gozar do complexo de Peter Eisenman nun ambiente festivo que lembrará o popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha explosión de cores.

Prepara as túas zapatillas e participa nunha carreira chea de cor, na que debes estar disposto a todo: divertirte, bailar, mancharte con polvos de cores e, como que non, facer algo de deporte. Consulta o regulamento aquí.

 
En familia
 
 
00:00