Gallaecia Petrea

Gallaecia Petrea é unha homenaxe á arte e á cultura galega a través da pedra ao longo da súa Historia: dos petróglifos á arte contemporánea. A exposición concíbese como unha das máis grandes mostras feitas en Galicia e a primeira que acolle o edificio máis espectacular do Gaiás: o Museo.

Comisariada por Miguel Fernández-Cid, Gallaecia Petrea ocupa os 6.600 metros cadrados do Museo dividida en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medievo, Moderna e Contemporánea. Cada unha delas está comisariada, pola súa vez, por destacados expertos nestas áreas: o profesor Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña; Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez, arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; Antonio Rodríguez Colmenero, profesor ad honorem da Universidade de Santiago; Carlos Valle, director do Museo Provincial de Pontevedra; Ana Goy Diz, profesora titular de Historia da Arte da Universidade de Santiago; e Miguel Fernández Cid, xerente da Fundación Torrente Ballester.

Gallaecia Petrea pon en valor o rico patrimonio histórico e artístico presente no territorio a través dun total de 341 obras cedidas por 91 institucións culturais, concellos e coleccións particulares de Galicia, España e Portugal, non sempre coñecidas ou ao alcance do gran público.

Froito dun arduo labor investigador, no que participou un equipo formado por 76 expertos, Gallaecia Petrea funciona como o mellor escaparate do noso patrimonio e un distribuidor de visitantes, derivando o turismo aos múltiples territorios representados, ao tempo que posibilita a recuperación e rehabilitación de diversas pezas.

+ info: www.gallaeciapetrea.org

 

 
Exposicións
 
Entrada á exposición
Prehistoria
Prehistoria
Roma
Roma
Medioevo
Medioevo
Moderna