FP Innova Galicia 2018

FP Innova Galicia 2018, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar entre os días 25 e 27 de abril na Cidade da Cultura de Galicia. Será a terceira edición desta iniciativa, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se conforma como un espazo expositivo no que conflúen a innovación e o emprendemento, a formación e a empresa.0

O 25 de abril ás 12.00 horas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participará na inauguración do evento.

O congreso contará cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que os asistentes poderán coñecer:

  • A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 30 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.
  • A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de 17 proxectos empresariais de miniempresas que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.  
  • A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros que se desenvolverán e que versarán sobre robótica, impresión 3D, electrónica, fabricación de drons, madeira, artes gráficas, estética, hostalaría ou industrias alimentarias.

FP Innova Galicia supón unha magnifica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional, unhas ensinanzas que están a formar profesionais cunha alta capacitación, que dan resposta ás necesidades dun tecido produtivo cada vez máis tecnificado e especializado. A alta taxa de inserción laboral das persoas tituladas nestas ensinanzas é un claro reflexo da potencialidade da formación profesional galega.

O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. Os centros que desexen organizar unha visita para alumnado e profesorado deberán cubrir unha solicitude de inscrición. Máis información no web do evento.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h