Flor Novoneyra

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Esta é a esencia de Flor Novoneyra, a nova exposición do Museo Centro Gaiás que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra. 

Flor Novoneyra está formada por máis de cen pezas inéditas realizadas por Lamazares nos dous últimos anos entre Berlín e Madrid, nas que o autor fusiona a súa pintura cunha selección de versos de Uxío Novoneyra traducidos ao Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental creado por Lamazares en homenaxe ao seu pai e utilizado en todas as facetas da súa vida e obra desde o ano 2012.

Lamazares percorre nesta mostra todos os poemarios do autor e os poemas de Novoneyra flúen no cadro sen deixar nada ao azar. As pinturas de Antón Lamazares, traballadas como soños, variacións, brillos e capas que nos trasladan a grandes teas rothkianas están elaboradas a base de cores da nosa terra, da nosa luz e do noso imaxinario. E o soporte, humilde e transgresor, traballado como a terra se traballa na aldea, sementado, mollado e secado, o cartón. 

A conexión Lamazares-Novoneyra refórzase nesta mostra coa exhibición de cincuenta caligramas realizados polo poeta do Courel, considerado un dos introdutores da poesía caligráfica na literatura galega, un espazo sonoro no que reencontrarse coa voz de Novoneyra e catro retratos realizados por Laxeiro, Tino Grandío, Tavera e Lorente.

 Esta exposición conta con Visitas didácticas para este outono e inverno. Premede aquí para consultalas.
 
Exposicións
 
 
00:00
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h