Encontros | Wos Festival 2017

A Cidade da Cultura colabora, de novo, co WOS Festival e repite como escenario de dúas xornadas cun total de catro encontros.

Mércores 6 de setembro

16:30-18:00 |  NOVAS ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E PRESENZA DE MARCA EN PROXECTOS CULTURAIS

Aínda que a figura do patrocinador resulta clave para o financiamento de proxectos culturais, o seu papel xa non se limita ao investimento económico. A súa presenza mídese agora en termos de interactividade coas novas tecnoloxías ao seu alcance, “creando momentos”, establecendo vínculos emocionais co seu público e fomentando a aparición de novos formatos e actividades alternativas que contribúen á diversificación da oferta cultural. Analizaremos o cambio de paradigma tecnolóxico, partindo de iniciativas exitosas da implementación dos novos medios na súa estratexia de márketing e comunicación

Participan: Víctor Flores (Pontevedra, 1980) e Víctor Mantiñán (Ginebra, 1979)

Modera: Cristina Costa Acha (Vilanova de Arousa, 1979)

 

18:45-19:45 | WORK IN PROGRESS: MODELOS DE XESTIÓN E FESTIVAIS MUSICAIS

 Tras a excelente acollida da pasada edición, contarase coa presenza de representantes dalgúns dos festivais máis interesantes do panorama actual. A mesa redonda cumprirá a dobre función de servir de escaparate para confrontar diferentes modelos de xestión e propiciar novos puntos de encontro. Coñeceranse as particularidades de cada proxecto e debaterase sobre o papel das novas tecnoloxías e os emprazamentos inusuais como principais acenos de identidade, tanto artística como empresarial.

Jesús Guisado (Madrid, 1975), co-director de Monkey Week Son Estrela Galicia – http://monkeyweek.org/es

Alejandra Galo (Santa Cruz de Tenerife, 1985), responsable de comunicación de Keroxen – http://keroxen.com/

Abraham Rivera (Madrid, 1980), é programador de Electrónica en Abril – https://www.lacasaencendida.es/conciertos/electronica-abril-2017-7088

Marc Campillo (Barcelona, 1975), fundador do selo Foehn Records e director do BAM (Barcelona Acció Musical) – http://lameva.barcelona.cat/bam/es

Modera: Cristina V. Miranda (Ferrol, 1982), promotora cultural, responsable de comunicación e organización de eventos e directora do EnoFestival.

 

Xoves 7 de setembro 

16:30-18:00 |  MÁQUINAS E ALMAS: INNOVACIÓN TECNOLÓXICA E GRAMÁTICAS DE CREACIÓN CONTEMPORÁNEA

Os Novos Medios non son só medios de produción: son medios de creación, dan lugar a novas narrativas e posibilitan a creación de novos espazos de interacción social; novas paisaxes nos que o virtual é confundido co real. Ademais de presentarnos as súas obras, os nosos relatores abordarán as novas gramáticas de creación contemporánea, en base á súa experiencia como artistas de proxección internacional, e como os Novos Medios representan un lugar común no que converxen as tecnoloxías mediáticas e informáticas, a fotografía, a música e o cinema.

Participan: Néstor Lizalde (Zaragoza, 1979) e Patxi Araujo (Pamplona, 1967)

Modera: Oswaldo García Crespo (A Coruña, 1977)

 

18:15-19:45 | ENCONTRO CON ROBERT HENKE (ALEMAÑA) 

O nome de Robert Henke (Berlin, 1969) estará ligado para sempre ao florecemento da escena techno na Alemaña de mediados dos anos noventa. Xunto ao seu socio Gerhard Behles sentou as bases para un minimalismo sonoro, inspirado no dub e o ambient, que máis tarde popularizarían os selos Kompakt e Basic Channel. Pero o verdadeiro impacto a nivel mundial obtivérono grazas ao software que eles mesmos deseñaron para tocar en directo: o Ableton Live, chamado a converterse nunha das ferramentas máis revolucionarias da historia da música electrónica.

A súa presenza no festival permitiranos profundar na súa dobre vertente, como músico e desarrollador tecnolóxico, que lle levou a embarcarse no seu proxecto máis ambicioso ata a data: Lumière, un espectáculo a medio camiño entre o live electrónico e a experiencia lumínica, onde láseres de alta capacidade van debuxando libremente todo tipo de formas en sincronía co son. – http://roberthenke.com/

Modera: Jose Manuel Costa (Madrid, 1949)