Emoción-Razón

Esta exposición desenvólvese en tres espazos diferenciados: a explanada exterior e os interiores de ambas as dúas torres. No exterior está situado un individuo que xorde da terra e un pórtico antropomorfo, este interroga coa súa ollada ao personaxe que a través dos seus brazos crea a entrada ao interior das torres. Ambos os dous personaxes, o que solicita e o que dá acceso son o mesmo, é un exercicio de introspección que permite visualizar o mundo emocional que veremos a continuación.

Na primeira torre atopamos unha reunión de personaxes que escoitan a un líder. Este crea unha realidade intelectual que se materializa para eles. Consta dunha gran cabeza que simboliza as súas crenzas e os seus dous posibles sentidos a dereita e esquerda como reflexo de que o Rebelado pode ter ambas as dúas direccións, a verdade é sempre unha e a súa oposta, depende das circunstancias. Na segunda sala vemos unha serie de escenas que reflexan a influencia emocional duns individuos sobre outros, onde se plasma o poder psicolóxico como unha forza determinante do noso comportamento social. Reafirmando este acto introspectivo os diferentes actores repítense en distintas situacións e interpretando distintos papeis, as iamxes redúcense a cabezas como sínteses dos seus momentos emocionais.

O obxectivo non é amosar tan só a influencia duns sobre outros, senón que ante todo é unha reflexión sobre o papel da convicción, como somos capaces de crear realidades paralelas que son máis determinantes que o mundo físico. Esta influencia lógrase a través da autoridad que é un concepto de deixadez. Delegamos o poder noutro que nos parece máis capaz para, a través del, vernos máis fortes. Esta autoridade execútase a través da inducción, creando unha realidade paralela que existe se cres nela e deixa de facelo en caso contrario. É a forza dos mitos, as relixións e moitas ideas sociais que non teñen máis realidade tanxible que a forza da convicción grupal.

Estas ideas son as bases das nosas organizacións sociais que están máis alá da pura supervivencia física. Por un lado, permítenos crear un mundo organizativo, unha colmea que posibilita un dominio da contorna impensable a nivel individual. Aínda que por outro lado é un tremendo poder coaccionante. E crea ademais barreiras culturais entre os distintos grupos dificilmente salvables. A dialéctica apertura-cerrazón é unha pugna constante dentro das sociedades e os individuos que as compoñen, apertura para captar novos adeptos e cerrazón para diferenciarse dos “outros”. O fin de toda esta mecánica é, como sempre, o dominio sobre os recursos. Para alcanzalos creamos uns grupos e para esta nova realidade nada é imposible.

 
Exposicións
 
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
11 de Out - 10 de Dec 2017
18.30 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas