A editorial Bibliófilos Gallegos

A Biblioteca e Arquivo de Galicia pon en marcha a exposición A editorial Bibliófilos Gallegos, unha homenaxe a este proxecto cultural nado oficialmente en 1949 coa finalidade de difundir o libro galego.

A importancia deste proxecto cultural en Galicia radica, ademais de no seu constante e importante labor de recuperación de clásicos e publicación de novos textos, no papel que desenvolve na difícil época da posguerra, na recuperación do labor editorial e cultural de acento galeguista.

A exposición amosa varios exemplos das diferentes coleccións desta editorial como Biblioteca de Galicia, Colección Obradoiro ou Bibliófilos Gallegos, ademais da denominada Enciclopedia Galega.

Bibliófilos Gallegos fundárona no ano 1949, en Santiago de Compostela, un grupo de persoas ligadas dalgunha maneira ao Seminario de Estudios Gallegos, entre eles Sánchez Cantón (que foi o primeiro presidente), Marcelino Blanco de la Peña (vicepresidente) ou Xosé Filgueira Valverde. Importantes figuras participarán tamén no proxecto como Valentín Paz Andrade, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallástegui, Ramón Baltar, Ricardo Bescansa ou Francisco Fernández del Riego.


 
Exposicións
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
11 de Out - 10 de Dec 2017
18.30 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas