A descrición normalizada de Autoridades nos arquivos

A Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Arquivos, convoca  xornada formativa A descrición normalizada de Autoridades nos arquivos que se impartirá o día 5 de marzo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na sala 2 do edificio da Biblioteca e do Arquivo de Galicia.

Esta xornada estará a cargo de Ana López Cuadrado, funcionaria do Corpo Facultativo de Arquiveiros e Bibliotecarios do Estado dende 2007. Traballa no Centro de Información Documental de Archivos como responsable da Área de Normalización, coordina o Censo Guía de Archivos de España e Iberoamérica e os traballos de normalización de autoridades arquivísticas dentro da Plataforma PARES. No ámbito europeo forma parte do equipo de Goberno do Portal Europeo de Arquivos dende maio de 2017, é Country Manager do APE en España, e coordina o Grupo de Traballo de Estándares do propio proxecto APE.

O propósito desta xornada é que os profesionais dos arquivos galegos coñezan con máis profundidade a descrición normalizada de entidades arquivísticas e as súas relacións, o traballo por proxectos ou a interoperabilidade dos arquivos españois con outros sistemas arquivísticos europeos e internacionais.

INFORMACIÓN PRÁCTICA

Organiza: Secretaría Xeral de Cultura
Lugar: Biblioteca e Arquivo de Galicia, Sala 2
Día: 5 de marzo de 2018
Horario: de 9.30h a 14h e de 16 a 19 h.
Duración: 7.30 horas
Entradas: De balde previa inscrición no web. Acceso libre ata completar capacidade (30 plazas).