Concerto: Todas as linguas Son Elas

A música ademais de ser unha linguaxe en si mesma axuda a aprendizaxe dos idiomas de maneira lúdica e divertida para o cal non hai idades como así o demostran as mulleres do coro Son Elas, unidas polo desexo de gozar da alegría de cantar xuntas e compartila con quen queira escoitalas.

Mulleres de diferentes idades, profesións, gustos e experiencias de vida únense para por en común a súa forma de sentir a música, a través dun amplo repertorio no que se mesturan diversos estilos fomentando a diversidade cultural e lingüística.

 
Música & Escena
 

Música

  • (1)
 
21 de setembro
21 horas