Códices

Códices propón unha inmersión nunha Idade Media afastada dos tópicos oscurantistas; unha Idade Media de luminosidade e desenvolvemento cultural, de miniaturas, imaxes, cores, manuscritos e imprentas... Folios e pergameos que traslucen toda unha organización social, económica e política. A viaxe levará ao visitante polas principais mostras de códices e libros medievais entre os séculos X e XV, con exemplares únicos en Europa, como o Códice Calixtino e os diversos tomos; o primeiro libro impreso en Galicia, caso do Misal Auriense; ou magníficas copias miniadas, como a Legenda Maior ou o Pasionario Tudense.

Todo un percorrido plantexado dende a sinxela dobre perspectiva do coñecemento e do disfrute, e facendo sempre fincapé na importancia, individualidade e particularidade de cada un dos volumes.

Unha exposición irrepetible con doce xoias da produción documental da Igrexa na Idade Media que se mostran ao público en todo o seu esplendor.

 

Catálogo de Códices

O Catálogo da exposición Códices está á venda no Museo Centro Gaiás e mais en librerías.

Edición bilingüe: galego e castelán

Formato: 24 x 30 cm

Páxinas: 72

Tintas: 4/4 en papel Medley branco (160 gr)

Encadernación: Papel Curious touch arches branco (300 gr), con estampación en ouro, lapas e cosido a fío vexetal. Retractilado unitario

PVP: 15€

Edita: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Textos: José María Díaz Fernández (deán da Catedral de Santiago) e Xosé Manoel Sánchez Sánchez (Comisario da exposición)

Se está interesado en comprar algún exemplar para poñelo á venda na súa librería pode poñerse en contacto coa distribuidora Egartorre (para España): www.egartorre.com | 91 8729390; ou coa Editorial Galaxia (para Galicia): www.editorialgalaxia.es | 986 265144

 
Exposicións
 
Códice Calixtino, 1/2 s.XII | Tinta sobre pergameo | 31,0 x 28,4 x 6 cm
Pontifical de Tui, s.XIV | Tinta sobre vitela | 33 x 22 cm
Breviario Auriense, s.XV | Tinta sobre pergameo |25,0 x 19,0 cm
Legenda Maior, s.XIII-XIV | Tinta sobre pergameo | 15,0 x 11,0 x 2,5 cm
Libro X de Pergameos Reais, s.X-XV | Tinta sobre pergameo | 61 x 56 x 6,5 cm
Libro XI de Bulas Papais, s.XII-XV | Tinta sobre pergameo | 61 x 56 x 6,5 cm
Tombo A, cc. 1130-1140 | Tinta sobre pergameo | 49,4 x 35,4 x 3,7 cm
Pasionario Tudense, s.XIII | Tinta sobre pergameo | 45,7 x 29,5 cm
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h