Cinegalicia25

1989 é unha data clave para o cine galego. Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e Alfredo García Pinal, as tres primeiras longametraxes de ficción galegas, estreáronse do 23 ao 26 de novembro do 89 en Vigo, marcando o inicio dun prometedor futuro para o audiovisual do noso país. Vinte e cinco anos despois, a Cidade da Cultura quere renderlle unha pequena homenaxe aos profesionais que o fixeron posible a través da mostra Cinegalicia25.

A exposición, que ocupa o terceiro andar do Museo Centro Gaiás, fai un percorrido polo que foi o noso audiovisual nestes 25 anos, co aporte previo da nutrida traxectoria iniciada en 1896, cando as primeiras proxeccións do Cinematógrafo en Galicia; e unha ollada cara ao futuro.

Vinte e cinco é a cifra temporal de referencia, que tamén traza un acoutamento imaxinario noutras tantas relevancias presentes en seis seccións, a xeito dunha radiografía sobre o sector:

  1. Cine Galego revisa o audiovisual a través das longametraxes como formato principal.
  2. Rodado en Galicia expón os filmes alleos recollidos na nosa contorna paisaxística e monumental.
  3. Ficcións televisivas amosa a TVG como o motor da produción propia.
  4. 25 pezas máis… recolle outros formatos, como a animación ou o documental, tan importantes no pulsar da creación audiovisual.
  5. Cine de papel ofrécelle ao público a abondosa e fundamental aportación historiográfica e teórica ao noso audiovisual.
  6. Contornos plasma os diferentes sectores da sociedade que se encargaron de converter o audiovisual non só nunha industria, senón en expresión dunha cultura diferenciada.
A exposición compleméntase cunha sala de cine na que, ademais de poder ver os audiovisuais creados pola CRTVG para a ocasión, se proxectan todas as semanas as tres películas fundacionais: Sempre Xonxa, Urxa e Continental. As proxeccións teñen lugar todos os venres, sábados e domingos a partir das 18 horas no andar cero do Museo Centro Gaiás. Consulta o calendario de proxeccións na zona de descargas.
 
Exposicións
 

Cultura

  • (2)
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
11 de Out - 10 de Dec 2017
18.30 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas