CIberTIC Galicia

A ciberseguridade é unha das ramas tecnolóxicas que está a ter un maior auxe e da que máis se está a falar, ao decatarse todas as entidades que un dos seus maiores valores é a información e que, por tanto, a mesma debe ser protexida e asegurada fronte a calquera intervención exterior.

Por isto, o Cluster TIC de Galicia organiza en setembro o curso CIberTIC Galicia, Programa formativo de Ciberseguridade empresarial para a Industria 4.0., un programa formativo que pretende introducir aos profesionais galegos nos principais aspectos relacionados coa ciberseguridade con respecto a temas como a protección de datos persoais ou propiedade intelectual, que afecta tanto a sociedade en xeral como, especialmente, ás entidades empresariais.

Coñecer as ameazas e posibles ataques que poden dirixirse cara aos sistemas telemáticos dunha entidade, saber xestionar a seguridade dos datos na rede ou coñecer os perigos que se agochan no uso de dispositivos móbiles ou en mobilidade permitirá que as empresas acaden unha estratexia de seguridade da información que lles permita facer fronte ao crecente número de ameazas que están a xurdir, asegurando a protección dun dos bens máis prezados neste momento: a información.

O curso estará formado por 9 módulos de formación cunha duración de 30h que se complementan con 20h de talleres prácticos en tres sesións realizadas in-company, en instalacións específicas. A acción está destinada principalmente ao persoal técnico dedicado á seguridade da información nas entidades integradas no Clúster TIC Galicia en particular e outros sectores con interese nesta temática en xeral.

É imprescindible que o alumnado sexa persoal dunha peme galega (traballador por conta allea, autónomo dependente, fundador...). Máis información no web do Cluster TIC Galicia.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas
3 - 5 Mai 2024
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h