Carla Morrison

Carla Morrison, posuidora de tres Grammys latinos, chega ao Gaiás tras percorrer o continente americano co seu último traballo Amor Supremo. Beleza feita música na voz desta mexicana convertida nunha das máis importantes figuras do pop alternativo.

A historia de Carla Morrison na música comezou no 2006 participando en distintas bandas de covers. Ese mesmo ano, a cantante mudouse a Phoenix, Arizona, para continuar cos seus estudos de canto e foi aí onde formou a banda Babaluca. Despois dun tempo, regresou á Cidade de México para comezar un novo capítulo na súa vida. No 2009, lanzou o seu EP Aprendiendo a Aprender. Posteriormente, deu vida ao seu segundo EP Mientras Tu Dormías, producido por Natalia Lafourcade, que foi nominado ao Grammy Latino. Máis tarde, publicou o EP dixital Jugando en Serio e o seu LP Déjenme Llorar, con este último consolidouse como unha das importantes voces do pop alternativo do país.

Foto: Esteban Calderón.