Camilo José Cela na Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia conmemora o centenario do nacemento do escritor e premio Nobel Camilo José Cela coa exposición Camilo José Cela na Biblioteca de Galicia, mostra que fai un percorrido pola vida e a obra do insigne escritor a través dos libros e doutros documentos que se custodian nesta institución.

A mostra reúne un total de 52 pezas, entre as que se atopan libros, carteis, números de diferentes revistas e materiais audiovisuais, todos procedentes da Biblioteca de Galicia. O percorrido expositivo estrutúrase en seis etapas, nas que se aborda tanto a súa biografía como o seu labor como novelista, articulista, editor de revistas literarias ou en literatura de viaxes, contos, apuntamentos e divertimentos, literatura infantil etc.

Deste xeito, as persoas que visiten a exposición poderán atopar exemplares da tradución ao galego de A familia de Pascual Duarte, editada por Galaxia en 1962 e reeditada este ano pola Secretaría Xeral de Cultura; de diferentes novelas do autor, recompilacións de artigos publicados na prensa ou números das revistas literarias editadas por Cela, como Papeles de Son Armadans e Extramundi y los papeles de Iria Flavia. Así mesmo, recóllese o papel da ilustración da traxectoria de Cela, con edicións ilustradas por autores como Picasso, Laxeiro, Antonio Saura ou Borja de Pedro, entre outros.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h