Atardecer no Gaiás

Este verán desexarás que se poña o sol. O ciclo Atardecer no Gaiás volve na súa terceira edición para poñerlle música, ritmo e poesía aos atardeceres composteláns. A praza exterior é, de novo, o espazo elixido para crear atmosferas cativadoras no momento máxico do luscofusco.

Cun amplo e variado programa de actuacións, Atardecer no Gaiás aposta por fusionar a música clásica, a tradicional, o pop e o rock, o jazz, a electrónica, o funk, a poesía e propostas vangardistas. Do 4 de xullo ao 31 de agosto, a praza exterior do Gaiás acollerá 25 actuacións que amenizarán os atardeceres dos xoves, venres e sábados con espectáculos de pequeno formato.

Consulta a axenda.