Arquivo de Galicia, o noso Patrimonio

Con motivo da celebración do Día Interncional dos Arquivos, o Arquivo de Galicia seleccionou unha pequena mostra dos documentos que nel se custodian coa que tenta chamar a atención do público xeral sobre a importancia dos arquivos e dar a coñecer cales son as funcións que teñen encomendadas.

A exposición O Arquivo de Galicia, o noso Patrimonio mostra diferentes clases de documentos (textuais, fotográficos, cartográficos) producidos por institucións, familias e persoas ao longo do tempo. Todos eles serven para poñer de manifesto a importancia dos documentos como garantes de dereitos e obrigas, testemuños da xestión das administracións e as persoas e fonte de información en xeral.

Organizados en torno a varios bloques temáticos -desde institucións a ordenación do territorio, educación,  patrimonio cultural, deporte, sanidade e economía-, todos estes documentos queren ser pequenas pinceladas da evolución da nosa sociedade.

 
Exposicións
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
11 de Out - 10 de Dec 2017
18.30 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas