Arqueoloxía da memoria recente

A sala Picasso do Círculo de Bellas Artes de Madrid acolle desde este xoves, 30 de xaneiro,  Cidade e territorio en España 1986-2012. Arqueoloxía da memoria recente, unha mostra que reflexiona sobre o ciclo económico que se inicia coa incorporación de España á Comunidade Económica Europea e a incidencia que esta supuxo na produción arquitectónica, as transformacións urbanas e as novas paisaxes derivadas da intervención da enxeñería e a construción de infraestruturas.

A exposición Cidade e territorio en España 1986-2012 componse dunha serie de fotografías, cronomapas, ortofotos e material audiovisual nos que se presentan varias das intervencións arquitectónicas e de infraestrutura que se construíron en España durante este período.

A Cidade da Cultura de Galicia forma parte desta mostra a través das maquetas do proxecto ideado por Peter Eisenman para o alto do Gaiás xunto con outras grandes infraestruturas dedicadas á arte e á cultura como as do Guggenheim de Bilbao, da Exposición Universal de Sevilla’92 e Zaragoza 2008, o Kursaal de Donosti, a ampliación do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía ou o Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León (MUSAC).

Comisariada por Juan Miguel Hernández León, a mostra está organizada polo Círculo de Bellas Artes, a Universidade Politécnica de Madrid, a Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo (Ministerio de Fomento) e Cehopu-Cedex, en colaboración con RTVE, e ten a súa orixe no proxecto de investigación realizado polo grupo Paisaje cultural da UPM. 

 

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h