Andainas de primavera

Natureza, deporte e coñecemento. Para recibir a primavera, a Cidade da Cultura convídate a descubrir o seu rico patrimonio natural a través duns roteiros guiados polas zonas verdes do complexo. Unha andaina dunha hora e media de duración na que ademais de camiñar polo monte, coñecerás a flora que poboa o Monte Gaiás ao tempo que descubres características, anécdotas e lendas asociadas a cada especie. As andainas de primavera preséntanse como unha visita de interpretación da natureza onde coñecer as diferentes especies arbóreas do Bosque de Galicia, gozar do poético Xardín Literario con vistas á catedral ou descubrir os segredos do Parque do Lago.

Ao rematar o roteiro os participantes poderán incorporarse á visita guiada da exposición Da árbore á Cadeira que estará dispoñible a partir do 8 de abril no Museo Centro Gaiás.

Ademais, o 23 de xuño terá lugar un roteiro especial de San Xoán, que comezará ás 17 horas. Neste roteiro colleranse herbas de San Xoán, que deixaremos a macerar para lavar a cara ao día seguinte así ficar purificados e perfumados.

 
Visitar
 

Rutas

  • (1)