Acto de recoñecemento a empresas socias e colaboradoras coa Asamblea Comarcal de Cruz Roja en Santiago de Compostela

O obxectivo do acto é recoñecer publicamente a vosa participación activa apoiando ao  Plan de emprego de Cruz Vermella, xunto con outras empresas colaboradoras. Esta contribución  plasmouse na realización de diversas accións conxuntas, tales como; a acollida de alumnas/vos en prácticas,  a derivación de ofertas de emprego, sesións de orientación profesional, cesión de espazos e/ou profesionais e en resumo  impulsando a creación de mercados inclusivos.

 A estrutura básica do acto será a seguinte:

  • Recepción de asistentes con photocall.
  • Benvida ao acto por parte do presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Santiago, José Luis Barreiro Conde.
  • Presentación do acto por parte da actriz Marta Doviro.
  • Entrevista informal a diferentes empresas colaboradas e a un participante do plan de emprego.
  • Entrega de diplomas a empresas colaboradoras.
  • Ao finalizar o acto procederase a realizar unha foto grupal con todas as empresas asistentes e gozarase dun pequeno catering.