iuni Consulting

“En iuni axudamos ás empresas a vender máis e a ser máis rendibles”.

iuni consulting® é unha consultora de innovación empresarial e desenvolvemento de negocio. En iuni axudámoslles ás empresas a vender máis e a ser máis rendibles; para iso atopamos, desenvolvemos e explotamos novos produtos, mercados, tecnoloxías e procesos.

iuni orienta os seus servizos a emprendedores, pemes e empresas familiares para desenvolver conxuntamente:

  • Novas liñas de negocio (produtos, servizos e marca)
  • Novas canles de venda e mercados
  • Un novo modelo de negocio rendible e adaptado á contorna actual
  • Cambios organizativos, novos procesos e aplicacións de nova tecnoloxía

 E como?

iuni afronta os seus proxectos unindo as disciplinas de marketing e organización para xestionar o cambio e conseguir resultados.

En iuni integrámonos co equipo directivo das empresas accedendo a información fidedigna sobre os mercados, os procesos produtivos, a propia marca, os provedores, as canles de distribución e os recursos humanos.

iuni proporciónache esa información, analízaa, propón plans de mellora e responsabilízase do seu éxito codirixindo tamén a súa execución.

con:

  • Orientación ao mercado: actuar sempre baixo o punto de vista do cliente. É primordial coñecer as necesidades do consumidor final para dar unha resposta adecuada.
  • Diferenciación: competir por prezo é unha estratexia que a longo prazo é moi difícil de manter. É preciso atopar aqueles elementos diferenciadores da nosa oferta para tratar de ser únicos no mercado.
  • Innovación: innovar é buscar a mellora continua para conseguir novos resultados. Innovar na oferta, nos procesos, nos servizos, na súa forma de comunicarse co mercado, na súa xestión…
  • Acción: iuni acompaña na execución dos proxectos, onde outros din o que hai que facer iuni acompáñache na execución do teu proxecto.

 

Contacto:

Responsable: Beatriz Pereira Lafuente 

Mail: beatriz@iuni.es 

Web: www.iuni.es

Teléfono: (+34) 902002351