Castelao Abogados

Con sede en Madrid e Santiago de Compostela, a nosa boutique ten carácter xurídico multidisciplinar, dando cobertura legal a todo tipo de asuntos, aínda que coa pretensión de dirixirnos ao sector das industrias creativas e culturais, a propiedade intelectual e industrial e as novas tecnoloxías.

Un dos aspectos máis interesantes da nosa boutique xurídica atópase na total cobertura dos proxectos creativos, para que as ideas novidosas nazan e adquiran forma, acompañando os proxectos non só no plano xurídico, senón tamén se o cliente o require, desde o seu punto de vista técnico, empresarial, e o posterior desenvolvemento comercial. Todo coa colaboración de grandes profesionais da Enxeñería e do Marketing.

Sen dúbida, unha das principais características desta boutique xurídica é a alta preparación do seu equipo profesional, que unido ao valor humano, permite prestar un servizo de calidade ao mesmo tempo que próximo.

Servizos:

Asesoramento legal en Actividades Creativas e Culturais, Dereitos de Autores e Artistas, Cine, Edición, Música, Dramaturxia, Obras Plásticas, Novas tecnoloxías, Protección de Datos, Dereito de Marcas, Protección de Patentes, Dereitos de Imaxe, Contratación, Rexistro, Formación en Propiedade Intelectual e Industrial. 

Contacto:

Web: www.castelaoabogados.com

Mail: info@castelaoabogados.com

Teléfono: (+34) 606 222 266