Espacio Nido

Cremos na colaboración, a interacción entre as persoas, o intercambio de ideas e recursos. Creamos un espazo, coa intención de construír unha contorna de traballo na que desenvolver as nosas ideas e poder compartilas con outras persoas, e chamámolo Espacio nido.

Espacio nido é un espazo de coworking no centro de Vigo, no que profesionais, autónomos ou pequenas empresas poden traballar nunha contorna colaborativa na que se producen multitude de intercambios.

A colaboración como base fundamental de traballo, fai posible, dentro dun grupo heteroxéneo que se produzan intercambios de servizos, ideas, experiencias, clientes, recursos e moito máis.

Este ambiente permítelle ao emprendedor sentirse dentro dunha comunidade e con capacidade para desenvolver os seus proxectos e gozar do seu traballo.

Espacio nido é tamén un espazo de reunión, no que é posible desenvolver obradoiros, cursos, pequenos eventos e todo o que se che ocorra.

O noso espazo de coworking pretende adaptarse a todas as situacións que se poidan producir nel e por iso, é un espazo flexible, aberto e cambiante no que todo é posible.

+ info: http://espacionido.es

Dirección: Manuel Núñez 35, bajo (Vigo)

Teléfonos: (+34) 649 324  824 |651 535 628

Enderezo electrónico: espacionido@gmail.com