Espacio Arroelo

Espacio Arroelo nace co fin de dar resposta á demanda dun lugar común de traballo para autónomos ou pemes de Pontevedra.

Unha contorna única que dá cabida non só aos nosos coworkers, senón a aqueles que queiran facer uso das súas tres salas de reunións, tanto para recepción de clientes, como para desenvolver cursos, obradoiros ou seminarios.

En pleno corazón de Pontevedra, nunha das súas rúas máis emblemáticas, pretende converterse nun referente na cidade, e servir de plataforma para o fomento das relacións entre profesionais, a través da organización e promoción de obradoiros e exposicións periódicas de artistas locais e foráneos.

Co espíritu do "hai que roelo" pontevedrés, o noso Espacio Arroelo aspira facer da unión dos pequenos un gran grupo humano, competitivo e capaz de afrontar novos retos.

 + info: coworkingpontevedra.wix.com/coworkingpontevedra

              Facebook: Coworking-Pontevedra

              Twitter: @CoworkingPonte

              Linkedin: Espacio Arroelo

 Dirección: Calle Michelena 11, 3 Izq. 36002 (Pontevedra)

Teléfonos: (+34) 610602012 | 655081790

Correo electrónico: info@espacioarroelo.com