Obradoiro: 'Dereitos de autor, PI e protección de datos'

Data: 
08/05/2018

O 8 de maio terá lugar a seguinte sesión do programa de formación e titorización destinado a persoas emprendedoras e impartido no Centro de Emprendemento do Gaiás. Neste caso, a sesión tratará sobre dereitos de autor, propiedade intelectual e protección de datos e estará impartida polo avogado e axente da propiedade industrial, Alberto Álvarez. É ademais responsable do Departamento de Consultoría e Patentes e Marcas de Alvarez Real e ten máis de 10 anos de experiencia como Axente Oficial da Propiedade Industrial, representante Autorizado da Oficina de Armonización do Mercado Interior OAMI e representante Autorizado ante a Oficina Europea de Patentes.

Esta acción formativa, de 3 horas de duración, está destinada a persoas emprendedoras, tanto do Centro de Emprendemento do Gaiás como externas, interesadas en formarse en dereitos de autor e propiedade intelectual aplicada ó sector cultural. Na sesión analizaranse, desde unha perspectiva práctica, os conceptos teóricos da protección do coñecemento no sector cultural e creativo, tratando os aspectos legais da propiedade intelectual e as distintas modalidades de explotación e fórmulas de cesión e licenzas.