Dirixido a todas aquelas persoas que desexen aprender os fundamentos para mellorar o seu posicionamento en buscadores, mediante a xeración de contidos, a análise de datos e a realización de campañas de publicidade e marketing online. O curso está organizado polo Instituto de Medios Sociales.
A duración do curso é de 300 horas e leva á obtención do título de Especialista en SEO, SEM e Analytics, que pode ser avalado coa Apostilla de La Haya. Ademais, o curso serve para prepararse para acudir aos exames de certificación de Google Adwords e Google Analytics.
A formación pode ser online ou presencial no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia, do 2 de marzo ao 11 de maio de 2019, todos os sábados en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Máis información na web do Instituto de Medios Sociales.