Data:
09/10/2018 a 11/10/2018
A empresa DXC Technology, ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia, ofrece ao todos os seus traballadores un curso de ANSIBLE, plataforma de software libre empleada para a configuración, administración e automatización de servidores, aplicacións, servizos e infraestrutura de rede.
O curso desenvolverase en tres xornadas, do martes 9 ao 11 de outubro no Cubículo do CEM.
DXC Technology é unha multinacional líder que opera como provedor independente de servizos de TI en todo o mundo, axudando aos seus clientes a aproveitar o poder da innovación como catalizador ao éxito. Conta con preto de 6.000 clientes, tanto no sector privado como público, en 70 países.