Reverso Comunicación, Cultura e Lingua

Levamos 10 anos ao servizo da cultura, da comunicación e do ocio en Galicia.  Ao teu lado comunicando, formando, planificando, traducindo, editando, deseñando, maquetando e xestionando ocio, cultura e saber.

Os nosos servizos:

  • Axencia lingüística: Unha axencia moderna e competitiva, cuxa prioridade fundamental é a calidade e a eficiencia do servizo ao cliente. Un estudio especializado en galego e axente de tradución para os idiomas e o tipo de traballo que o cliente precise.
  • Formación a medida: Formación en comunicación para ti ou para transformar a túa organización. Formación how-to no ámbito a comunicación, novas tecnoloxías, web 2.0, cultura, ocio, lingua,etc., para que aprendas técnicas e adquiras as habilidades máis requiridas no ámbito laboral na actualidade. Modalidade presencial, e-learning e blended-learning.
  • Editamos as túas ideas: 

- Para o autor: dámoslle forma ás túas ideas.

- Para o editor: o socio perfecto para maquetar e corrixir a túa obra.

- Para a empresa: coordinamos a túa publicación, o teu web, a túa comunicación.

  • Proxectos culturais: Un equipo humano especializado en xestión cultural e intervención socioeducativa. Participamos do teu proxecto, coordinando, ideando, deseñando, planificando ou executando. Ti decides. Un servizo a medida das túas necesidades.
  • Propostas de ocio e lecer: Unha ampla oferta de actividades de ocio e lecer lúdicas e educativas para divertirse aprendendo: campamentos temáticos, urbanos, etcétera. Animación de eventos e actividades de turismo activo.
  • Consultoría: Cada cliente é único, así como únicas son as súas necesidades. Adaptamos os nosos servizos de consultoría en comunicación, presenza na internet, organización de eventos. Con calquera dos nosos clientes, implicámonos como unha parte activa máis da entidade para a mellor consecución do proxecto.

Contacto:

Web: www.reversoweb.com

Contacto: info@reversoweb.com

Teléfono: 981 936 750