Instituto de Medios Sociales

O Instituto de Medios Sociales ofrece servizos de comunicación e marketing a empresas e entidades de todo tipo. É o primeiro Instituto de Galicia especializado na xestión da comunicación social, en especial das redes sociais e as contornas interactivas. 

Entre as súas principais funcións están: 

  • Asesoramento e consultaría en comunicación para todo tipo de organizacións e empresas, así como elaboración de plans de marketing e comunicación e definición das estratexias de mercado e posicionamento. 
  • Accións de comunicación encamiñadas tanto aos medios tradicionais (prensa, radio e televisión) coma aos novos soportes web. Preparamos campañas de comunicación, desde a nota de prensa ata a recollida das noticias publicadas e a medición dos impactos xerados, pasando pola formación de voceiros. 
  • Xestión de redes sociais e doutros espazos propios da web interactiva. Definimos a estratexia a seguir e os lugares axeitados para a comunicación dixital. Transformamos a simple presenza en sitios de comunicación permanente co usuario. 
  • Organizamos cursos e actividades formativas sobre Comunicación, Social Media, Marketing ou Xestión Empresarial. É o noso compromiso proporcionar ferramentas de iniciación, perfeccionamento e reciclaxe a profesionais do sector, PEMES, autónomos e emprendedores. O alumnado de Instituto de Medios repártase por todo o mundo e temos convenios asinados con distintas universidades.

    Son xa todo un referente os cursos tanto online coma presenciais de:
    - Curso de Experto en Community Management
    - Curso de Marketing Online, Comercio Electrónico e Reputación Dixital 
    - Curso de SEO, SEM e Analytics
    - Curso de Comunicación Empresarial e Organizacional
    - Máster en Dirección e Xestión de Empresas e PEMES
    - Máster en Social Media Management

Contacto: 

Director: José Sixto García

Web: www.institutomedios.com

Mail: info@institutomedios.com 

Teléfono: (+34) 687 05 53 64 

 
 
Instituto de Medios Sociales
Instituto de Medios Sociales
Instituto de Medios Sociales
Instituto de Medios Sociales