GÁLIX

GÁLIX. Asociación galega do libro infantil e xuvenil naceu no ano 1989, sen ánimo de lucro e cos seguintes fins, competencias e funcións:

  • Defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil.
  • Recoller, promover, programar e executar iniciativas que tendan á promoción do libro infantil e xuvenil.
  • Prestar asesoramento e cooperación ás entidades ou persoas, administración e sectores interesados nestes fins, tanto dentro coma fóra de Galicia.
  • Asumir a representacion galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto comporte.
  • Establecer coas entidades públicas e privadas os convenios precisos para un mellor cumprimento dos seus fins.

Contacto:

Web: http://www.galix.org/

Mail: galix@galix.org

Teléfono:  881 99 61 09

 

 
Gálix